Tweet |
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, reuniuse esta mañá coas principais asociacións de AAVV da cidade, a Agrupación Miño e a Federación Limiar. Dúas xuntanzas que serviron para afianzar un diálogo fluído e establecer vías de colaboración constante entre o Concello de Ourense e o movemento veciñal.
Tanto Miño como Limiar puxeron sobre a mesa proxectos e obras demandadas pola veciñanza, tanto na cidade coma no perímetro rural. Desde o Concello, pola súa banda, chegouse a diversos compromisos, como trasladar melloras nos locais de asociacións de veciños -empezando por ordenadores con conexión a internet- e colaborar coas festas dos barrios axudando na contratación de bandas.